É un termo acuñado por Iria para definir ao único prototipo de home fiel. Ese que se conecta a internet e xa non se desconecta. Levántase de cando en cando, abre a nevera, bota un ollo e péchaa, para abrila outra vez e sacar unha cocacola ou unha birra, e como non ten fame colle tamén unhas patacas fritidas ou uns froitos secos, en fin, un tentempié que lle permita seguir coa ardua actividade que leva a cabo. Cando chegan as dez da noite está feito polvo. Para o arrastre mesmo. E tírase no sofá, a ver a tele. Segue sen ter fame, ou si, pero está tan canso que pasa de cociñar e prefire mil veces facer un bocata de dous chourizos da casa desos que lle manda a nai envasados ao baleiro, e como o bocata non é cea para ninguén, lárgalle unha natilla ou un dalky enriba sen plantexarse sequera se esa cea non será a cousa máis antisexual que se lle pode pasar a unha muller pola cabeza. Colle o mando e fai zapping. Nada lle gusta, nada lle vale. Cando leva dúas horas adicado a esta nobre actividade decide que non hai nada na tele coma sempre, que non sabe para que se mata en intentalo cando está deseñado para actividades intelectuais, e volta a conectarse a internet. Agora, os ollos inxectados en sangue e a boca aberta de par en par polo sono. Decide que é hora de ir para cama, e vai polo pasillo metendo a man pola goma do pixama de cadros para rascar sonoramente o peludo cu. Cento cincuenta sons diferentes escapan da súa gorxa mentres lava os dentes. De camiño a cama coloca os collóns no seu sitio para que non lle molesten mentras durme. Dalle un castísimo bico á sufrida compañeira de cama sen que pola súa cabeza pase un revolcón por sorpresa, da media volta e durme. E cando sona o despertador, outro casto bico, sen que apareza atisbo de mañanero por ningures, métese no baño convencido de que está insonorizado e alíviase do sobrepeso causado nas súas tripas polo dalky e os chourizos coa porta medio aberta. A súa idea de preparar o almorzo é servirse unha taza de café ( por suposto só a si mesmo) e sorbela sonoramente porque queima xusto antes doutro casto bico e sair pola porta. A que queda do outro lado da porta é probable que entre a traballar á mesma hora, pero inventa algunha excusa para baixar no ascensor un minuto despois co iPod e oir por primeira vez en dezaseis horas algo que non sexan carraspeos, ronquidos, rascazos, mocos, flatulencias e demáis sons dos que compoñen a sinfonía da fisioloxía humana.
No traballo, o mozo preguiza é un colega de putíííísima madre. Nunca está de mal humor e sempre conta chistes que leu onte en internet. Nunca está estresado e nunca ten fallo en axudar a ninguén. Fala con todo o Mundo e todas o consideran un osiño de peluche, tan boíño, tan riquiño, tan tranquilote, tan fiel...nunca lle deu un desgusto á moza, quen lle dera a todas un así cos cabróns que teñen que aguantar. Nin sequera tontea con elas nunca. O que elas non saben é que probablemente tontearía se non estivera taaaan cansado. Seguramente ten pensado tontear outro día. E ir ao ximnasio, tamén.
Cando se sae de currar, o mozo pregiza non vai de cañas. Elas mírano atontadas. Claro, vaise para casa coa moza, que sorte ten esa guarra de ter un mozo que prefire estar con ela antes que de cañas cos colegas. Na cabeza del, repítese unha frase incesantemente: www. chorradasdeanimales.com. Non se lle vaia esquecer. Porque era esa a do pingüino dándolle un capón a outro, ¿non? Vai quedar cojonudo cando lle poña música.
A sorpresa é maiúscula cando atopa o armario baleiro, e o baño sen hidratantes de día, noite, verán, inverno, con maquillaxe, sen el, para o contorno dos ollos boca nariz e orellas. ¡¡¡Entraron a roubar!!! (corazón do revés) porfavorporfavorporfavor, que o ordenador siga na mesa da sala, porfavorporfavorporfavor. E alí está o ordenador, cunha nota enriba: Síntoo moitísimo, quérote, pero dasme preguiza.
Xa estou enganchada a este blog. Espero con impaciencia a próxima entrada.
ResponderEliminarSublime, espero impaciente las siguientes
ResponderEliminar