En estatística a moda é o valor máis repetido dun conxunto. Na vida real, tamén. Dolce & Gabanna acaban de decidir que os pantalóns de lá son unha idea fantástica, así que é unha cuestión de tempo que Zara saque un modelo democrático (económicamente) e que acudamos en masa a mercalo. Pasará o mesmo que coas Ray-Ban Wayfarer. Cando voltou esa terrible moda, escandalizábame eu do mal que lle quedaban a todo o Mundo, xa é difícil que Sienna Miller non estea guapa. Pasaron os meses e por simple costume, xa me daba a impresión de que non lle quedaban mal a ninguén, e un ano máis tarde corría polas tendas do aeroporto de Nova York intentando mercar unhas en dólares (Oh, Estados Unidos, ese pais fantástico no que grazas á devaluación do dólar todo é un 30% máis barato) Hoxe non se me ocurre ir a ningún sitio indie sen as miñas Wayfarers, adquiridas nunha óptica de Wisconsin por 88 dólares, traducidos a 60 euros (Deus bendiga América) pertencentes ao pasado máis remoto: estaban en aquel sitio dende antes de deixar de estar de moda, nos 80.
Aquela óptica trasnoitada, rexentada por unha muller que se definiu a si mesma como unha “old fashioned woman” era unha paradoxa temporal: as gafas estaban tan pasadas de moda que voltaban a estalo. Foi así como descubrimos Sozi e máis eu, hai xa dous anos que as Clubmaster volverían a verse na rúa, e que as gafas de ver tomarían a forma de aviador á mínima oportunidade.
Medio en coña, o outro día, vendo un reloxo Casio de ouro pendurado do antebrazo dunha adolescente, tomei a decisión de mercar un chándal de táctel desos que todos tivemos alá polo ano 90, en verde turquesa e con dúas franxas no sobaco de diversas cores. Abominable. Aposta alguén na miña contra se predigo que será o uniforme de Ruta en un par de tempadas?
Somos ovellas. As sudadeiras con pantalóns pitillo e tenis tipo botín, xunto coas gorras de furados de plástico, foron durante os últimos vinte anos o uniforme oficial de yonquis, gorrillas e tirados de toda índole, e ver aos modernos así vestidos lémbrame moito á colección de moda que Mugatu creaba en Zoolander, Derelicto, baseada no estilo de vida dos mendigos. Estamos todos tan apapahostiados que nos din unha barbaridade coma esa e parécenos unha idea xenial, buscamos ávidos nas páxinas de Vogue as ordes de Karl Lagarfeld ou de John Galliano e saimos correndo a ver a papá Amancio a ver que alternativas nos oferta. Para estar á moda, é dicir, para repetirnos, para ser iguais. Non vaia ser que aínda non nos enteráramos de que o cámel é o novo negro e que non merquemos un abrigo novo.
O que peor me sabe é que ainda sendo eu consciente de toda esta merda, non podo sacar da cabeza os botíns de cebra que acaba de sacar Blumarine...e que hoxe vin unha páxina de venda online de vestidos de Hervé Leger que podería pagar...e estou a escribir co módem apagado porque se o enchufo vou gastar un pastón nun vestido que non me vai quedar ben, pero...ai...é tan moderno...
Ah, ah, como corolario teño que dicir, me perdonen ustedes Domenico & Stefano, que os pantalóns de lá en plan gallumbos de La Casa de la Pradera, son un craso erro, e que se merco uns, quero que alguén me pegue unha hostia por inconsecuente.
MODERNA que eres! :)
ResponderEliminar